.       Esta pagina se actualiza de lunes a viernes, salvo imprevistos y festivos
Alvaro Cunqueiro (1911-1981)
 Novedades
- Sarduy y el neobarroco
- El robo del siglo
- Cuerpo, lenguaje y el neobarroco
- Reflejos de un ojo dorado
- Será tan de mañana
- Periodismo literario y crítica literaria
- La reina opina, el gobierno asiente
- Las criptas de la crítica
- El primer turista sexual : Ulises
- La depresión en “Madame Bovary”
- Misterios medievales
- De "Madame Bovary" a "La orgia perpetua" (fragmento)
- Lo trágico en Georges Bataille
- Georges Bataille
- Otros poemas de Jorge Teillier
- Un poeta de la tierra de nunca jamás
- Mira la mar, de Olga País
- Algunos poemas de Juana Bignozzi
- La ley tu ley de Juana Bignozzi
- Fragmento de “La insoportable levedad del ser”


Inicio » Nuestra literatura

  Versión Imprimible

» Alvaro Cunqueiro (1911-1981)
Alvaro Cunqueiro (1911-1981)



Alvaro Cunqueiro nació en Mondoñedo (Lugo) en 1911 y falleció en Vigo el 28 de febrero de 1981. Escribió en castellano y en gallego, colecciones poéticas como “Mar ao Norde” (1932), “Poemas de si e non” (1933) y sobre todo “Cántiga nova que se chama Riveira” (1934); también obras en prosa “As crónicas do sochantre” (1956); “Si o velho Simbad volvera as illas” (1961), “Tesouros novos e vellos” (1964), en su mayoría traducidas por él mismo al castellano.
Cultivó también, el periodismo y la novela como “El año del cometa”, “Herba aquí ou acolá” (1980) y su obra póstuma “Ver Galicia” (1982). En 1965 es nombrado director del periódico El Faro de Vigo.De su obra escrita, directamente al castellano, sobresale “Un hombre que se parecía a Orestes” que le valió el Premio Nadal de novela en el año 1969. Escritor en prosa, versos y textos dramáticos, exaltador de la gastronomía, unió el humor, la fantasía y el lirismo hicieron que obras como "A notie vai coma un río", "Escola de menciñeiros" o "Xentes de aquí e acolá" sean elementos claves de la literatura gallega. De su obra narrativa esta página ofrece, en gallego, el texto “Cosme de Paredes”.


Cosme de Paredes


“Tamén era chamado o señor Cosmele. Era albeitar en doencias de porcino e vacuno. Algunha vez tiña atendido a un humán, ao que recetara zarzaparrilla, e unha copiña de anís tras as comidas, e si podía viaxar algo, que viaxase. Si o chamaban para que vise o que tiña unha cocha parideira, montábase nela, apretaba os xoenllos contra os lombos, e ao apearse decía:
- ¡Trinta e sete e medio!
Era a febre da cocha. O primeiro que facía cando chegaron a carón do animal doente, era mandar que o lavasen con xabón de aroma, pola sua conta. Mercara na Cruña un estetoscopio, e con el buscaba os soplos que tiña o porco ou a vaca. Acostumaba a tirar de lápiz de tinta, e despois de mollar con saliva sua a punta, escribía no lombo do animal a doencia que tiña éste. O señor Cosmede chamáballe escribir a dibuxar a cara que tiña doencia. Si dibuxaba un cadrado, o animal estaba de últimas. Así que curaba unha vaca ou un porco, mandaba que o levasen ao río, a que mexase nel, xa que así se levaban as augas os restos da doencia. Contaba que eso facíase en Francia, onde había sanatorios para animais, e non soio para cans de luxo, senón que tamén para o porcino e o vacuno, e que lle contara unha auguista en Guitiriz, que estando ela en París, conocera a unha duquesa mui principal, que se bañaba en auga mineral cun can que tiña, branco e manchado de azul, que delambos padecían o mesmo prurito. Costáballe algún traballo que lle creran que o can tiña unha ducia de manchas azúes, redondas.
Cosme de Paredes foi cobrando fama, e para ir de Guitiriz á feira de Parga, ou de Parga á feira de Rábade, tomaba o tren. Contan que unha vez, viaxando a Rábade, no andén da estación de Baamonde estaba un cliente seu cun porco cebado, para que o señor Cosmede o vira dende a ventaniña. O intelixente amosou a cabeza fora, botoulle unha ollada ao porco, e recetau au instante, botando o papel polo áer, que foi meterse debaixo do tren que saía pitando, e costou traballo atopar a receta. Cando a recolleron, o chefe da estación puido lerlle ao paisano:"Tiene mal aliento. Bicarbonato tres veces al día". O porco curou, e a fama de Cosme de Paredes aumentou. Algún cliente xa lle chamada don Cosme.
Un día, uns de Teixeiro dubidaban si levar unha vaca ao señor Cosmede ou don Cosme, ou a outro intelixente que había en Curtis. A vaca estaba na eira, mustia e babeando, cando de pronto ergueu a cabeza, e botou un trote largo cara á estrada, que ninguén coidaba que puidera facelo. Pois era que pasaba Cosme de Paredes na sua mula, camiño de Xuanceda. A vaca parouse diante del, e o señor Cosmede apeóuse para atenderla.
Este foi, quizaves, o momento máis glorioso da sua vida veterinaria”.


* De "Os outros feirantes"
Importante: Se permite la reproducción de los textos siempre que se cite la fuente
Carlos Rivera » Nuestra literatura » Respuesta

Envía este artículo a un amigo CLICK AQUÍ

 
Córdoba
Ciudad europea de la cultura 2016
"El saber SI ocupa lugar"
Copyright 2004 ElPelaO.com


Estadisticas web // -->
Estadisticas de visitas
 

Respuesta2.0.1